AENEA É UN ESPAZO CULTURAL XERADOR DE SAÚDE E BENESTAR
AENEA ES UN ESPACIO CULTURAL GENERADOR DE SALUD Y BIENESTAR

VISITA IES DE AMES E

O martes 15 de maio visitámolo IES Ames, foi unha xornada de contacto directo cos rapaces e profesores. Visitaron o stand con gran curiosidade e moitas ganas de leer.



Achegouse a radio local de Ames para entrevistarnos a todos, a tomar nota do entusiasmo que despertou esta xornada escolar entre libros. Falábamos dunha Feira do Libro Escolar. Seguro que para o ano máis de un achegarase as Feiras do Libro de Galicia

Margarita Olivares responsable da biblioteca foi a promotora desta actividade. Invitou a que foran os propios rapaces os que seleccionaran os títulos para a biblioteca. Unha bonita e moi grata iniciativa.



¡¡¡Deica a próxima!!!


DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O derradeiro xoves 17 de maio (se o tempo nolo permite) sairemos á praza do Toural. Estaremos durante todo o día. Alí atoparémonos, será o noso punto de encontro na celebración do Día das Letras Galegas. Recordade que teredes un 10% de descontro. Se chove quedarémonos na libraría cunha taciña de té e unhas pastas ¡¡¡ESTADES TODOS CONVIDADOS!!!